MÚSICA SOUL - BLUES - ROCK
SINOPSE:
A Martins Aneiros Band xorde da unión da cantante Paula Martins, que foi a voz da Big Botton Band, e de Víctor Aneiros, un guitarrista galego que leva xa oito discos ás súas costas. O pasado verán a cantante apareceu como convidada do grupo ferrolán nas súas actuacións no Fisterra Blues Experience e no Discalzos Polo Festival, aínda que o inicio desta alianza musical remóntase a máis dunha década.
En "Heroe Secreto", o disco que Aneiros publicou no ano 2008, xa puidemos escoitar a súa guitarra acompañando á voz de Martins que cantaba o himno da emigración galega "Unha noite na eira do trigo".
Agora, xunto co baterista Marcos Sánchez e o baixista Víctor Gacio, embárcanse nun novo proxecto conxunto interpretando clásicos do blues, soul e rock.
MÚSICOS:
Paula Martins (voz)
Víctor Aneiros (guitarra)
Marcos Sánchez (batería)
Víctor Gacio (baixo)
2022-11-19 - 20:00:
ESPECTÁCULO EN VENDA LIBRE DENDE O 29 DE XULLO