CONCERTO

DATOS BÁSICOS

MARTINS ANEIROS BAND: CONCERTO

Martins Aneiros Band xorde da unión da cantante Paula Martins, que fose voz da Big Botton Band, e de Víctor Aneiros, guitarrista galego que suma xa oito discos ás súas costas.

O pasado verán a cantante apareceu como convidada do grupo do ferrolán nas súas actuacións no Fisterra Blues Experience e o Discalzos polo Festival, aínda que o inicio desta alianza musical remóntase a hai máis dunha década.

En "Heroe Secreto", o disco que Aneiros publicou no ano 2008, xa puidemos escoitar a súa guitarra acompañando á voz de Martins que entoaba o himno da emigración galega, "Unha noite na eira do trigo".

Agora, xunto ao batería Marcos Sánchez e o baixista Víctor Gacio, embárcanse nun novo proxento consunto interpretando clásicos do blues, soul e rock.

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1HORA 30MIN
Prezos: 
Público xeral 9.50€ / Tarifa reducida 6.65€
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO EN PERIODO DE VENTA DE ABONADOS ATÉ O 4 DE MARZO

VENTA PÚBLICO XERAL A PARTIR DO 5 DE MARZO

A VENTA DE LOCALIDADES A TARIFA REDUCIDA FARASE ÚNICAMENTE NO DESPACHO DE BILLETES DO PAZO DA CULTURA

Funcións: 
Venres, 7 de Maio de 2021 20:30