COMMEDIA

DATOS BÁSICOS

TEATRO/COMEDIA

PÚBLICO:ADULTOS

IDIOMA:GALEGO

Arlecchino atopa unha carta de amor no mandil da súa muller e, erradamente, pois a carta non era para ela, pensa que ela o engana. Desesperado, quere matarse. Pero deteno unha misteriosa voz que vén de ningures e que lle dá un anel máxico que ten a extraordinaria propiedade de facer perder a memoria a quen o pon. Arlecchino esquéceo todo. Pero, como dano colateral, esquece tamén a noción das convencións sociais.

A partir deste arranque argumental sucédense unha serie de divertidos equívocos e enxeñosos enredos nos que participan algunhas das principais figuras da “commedia dell ́arte”: o cutre taberneiro Brighella, o pedante Dottore, o avaro Pantalone, o fanfarrón Capitano, a encantadora Arxentina...

Un argumento que, máis alá do imprescindíbel alarde formal e lúdico, da pé para xogar criticamente cos manidos tópicos do amor romántico e os riscos do exercicio indiscriminado da sinceridade. 

Xénero: 
  • Teatro
  • Comedia
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA E 30 MINUTOS
Prezos: 
Público xeral 9.50€, Abonados/desempregados/carnet estudante ata 25 anos 6.65€
Información da billeteira: 

PERIODO EXCLUSIVO ABONADOS ATA O 27 DE FEBREIRO

+ INFO981 102 897

Funcións: 
Sábado, 18 de Maio de 2019 20:00
MIT2018_0714_2_Commedia_25.jpg