COLDPLAY KIDS

DATOS BÁSICOS

COLDPLAY KIDS

COLDPLAY KIDS é un concerto de música en directo, pensado e deseñado especialmente para os máis pequenos, no que catro músicos póñense na pel da banda británica Coldplay para interpretar as grandes cancións desta banda dunha forma completamente distinta: conectando co público infantil desde a primeira canción e buscando a súa complicidade e participación.

 

Viva a Vida, Yellow, Clocks, Paradise, Fix You, Sky Full of

Stars, Adventure of a lifetime ou a recente Orphans son cancións que se converteron en auténticos himnos que a xente corea en grandes estadios.

 

Cancións cargadas de mensaxes positivas, con retrousos pegadizos e moitísima épica. Neste espectáculo os nenos e nenas serán os verdadeiros protagonistas, tomarán parte no show e converteranse nun elemento crave.

É unha oportunidade única para que nenos e nenas vivan de preto a experiencia dun concerto de Coldplay: gozar das súas grandes cancións, aprendan cousas moi interesantes da súa música e participen do show.

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1H E 30 MIN
Prezos: 
ADULTOS ANTICIPADA 12€/ DÍA ACTUACIÓN 15€. NENOS (ATA 10 ANOS) 9€ SEMPRE
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO FORA DE ABONO

VENDA AO PÚBLICO XERAL A PARTIR DO 3 DE XANEIRO DE 2020.

 

Funcións: 
Domingo, 10 de Maio de 2020 17:30