COLDDAY KIDS-BANDA TRIBUTO A COLDPLAY

DATOS BÁSICOS

BANDA TRIBUTO A COLDPLAY

Coldday Kids é un concerto de música en directo, pensado e deseñado especialmente para os máis pequenos, no que catro músicos póñense na pel da banda británica Coldplay para interpretar as grandes cancións desta banda dunha forma completamente distinta: conectando co público infantil desde a primeira canción e buscando a súa complicidade e participación.

Cancións cargadas de mensaxes positivas, que se converteron en auténticos himnos que a xente coreaba en grandes estadios, con retrousos pegadizos e moitísima épica. Neste espectáculo os nenos e nenas serán os verdadeiros protagonistas, tomarán parte no show e converteranse nun elemento clave.

É unha oportunidade única para que nenos e nenas vivan de preto a experiencia dun concerto de Coldplay: gozar das súas grandes cancións, aprender da súa música e participar do show.

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA 30 MIN
Prezos: 
Entrada anticipada: 12,00 € Entrada o día da actuación: 15,00€ Nenos/as ata 10 anos: 9,00€
Información da billeteira: 

Entrada anticipada: 12,00 €

Entrada o día da actuación: 15,00€

Nenos/as ata 10 anos: 9,00€ (indistintamente da data de adquisición)

ESPECTÁCULO FÓRA DE ABONO

Os espectáculos “FÓRA DE ABONO”, non terán desconto de abonado por non ser programación propia do Padroado da Cultura, pero si poderán ser pagados co bono.

Funcións: 
Domingo, 12 de Setembro de 2021 17:00