CENICIENTA SIGLO XXI

DATOS BÁSICOS

Qué pasaría se contamos os contos clásicos sen cambiar os seus argumentos, pero eliminando os roles de xénero tan presentes neles?

CENICIENTA SIGLO XXI dá resposta a esta pregunta desde a seguridade de que os protagonistas dos grandes cambios sociais que habemos de ver, están sentados no patio de butacas.

Están sentados e queren rir, emocionarse, soñar e amar cos mesmos contos que fixemos nós. Debémonos ao noso respectable público, os nenos e as nenas, e desde o escenario dicímoslles: pasen e vexan a marabillosa historia de Cincenta! Pasen e escoiten a esta troupe de pallasos musicais dispostos a cambiar o mundo!

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1hora e 5min
Prezos: 
Público xeral 9.50€ / Tarifa reducida 6.65€ / Menores de 14 anos 5.50€
Información da billeteira: 

*PREZOS:

- TARIFA PÚBLICO XERAL: 9.50€

- TARIFA REDUCIDA: 6.65€ - para abonad@s, desempregad@s, con Carné Xove ou de estudante (ata 25 anos)

- TARIFA NEN@S: 5.50€ - para menores de 14 anos

 

*A venda de entradas a tarifa reducida farase únicamente a través das billeteiras do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación.

Teléfono de atención 981 102 897

 

Funcións: 
Domingo, 18 de Outubro de 2020 18:00