CASA O´REI

DATOS BÁSICOS

CASA O REI -  IBUPROFENO TEATRO

Con "Casa O’Rei", Ibuprofeno Teatro completa a súa triloxía gastronómica, xunto con "O furancho" e "Raclette". Este texto de Santiago Cortegoso propón un xogo escénico e dramatúrxico a partir do "Rei Lear" de W. Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega.

Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne a familia. A comida sempre é unha escusa. Desta vez para repartir a Casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable polo amargor dun mundo novo, acedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte preconxelada e adobada con fel. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as receitas da súa vida.

Xénero: 
  • Teatro
  • Contemporáneo
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA E 35 MIN
Prezos: 
Público Xeral 9,50€ / 6.65€ Abonados, Desempregados ou Carne Xove ou de Estudante(ata 25 anos)
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO EN PERÍODO DE VENTA DE ABONADOS ATA O 4 DE XANEIRO DE 2019.

A VENDA DE LOCALIDADES A TARIFA REDUCIDA FARASE UNICAMENTE NO DESPACHO DE BILLETES DO PAZO , PRESENTANDO A DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA.

Funcións: 
Sábado, 16 de Febreiro de 2019 20:00
rei3.jpg