TEATRO CONTEMPORÁNEO - FESTIVAL SINGULAR
"A carreta pantasma" é un espectáculo singular no que se afonda entre os límites da narración oral e o teatro. É, por tanto, un exercicio de sinxeleza ao levar á escena o poder da palabra amplificada con elementos de significación escénica. Unha exploración sobre a emoción a través dos mínimos artificios. "A carreta pantasma" fálanos da morte, do medo e da memoria. Vivimos no inmediato e esquecemos con moita facilidade. Ás veces atópanos sin saber onde ir, que facer, que pensar, porque esquecimos de máis e xa non nos recoñecemos no espello. A memoria colectiva ofrécenos identidade, e de memoria falan as tres historias que compoñen este espectáculo. "A carreta pantasma" está baseado no filme sueco do mesmo título estreado en 1921, dirixida por Víctor Sjöström a partir dun relato de Selma Lagerloff, a primeira muller en recibir un Nobel de Literatura sobre unha crenza popular.
Prezos:
Abonad@s 6.65€
Público xeral 9.50€
Tarifa reducida 6.65€
*A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.
**Espectáculo en período de reserva de abonad@s. Entradas á venda ao público xeral a partir do xoves 4 de xaneiro.
+info 981 102 897
Autor: Paula Carballeira
Dirección: Chiqui Pereira
Adaptación: Paula Carballeira
Escenografía: Laura Iturralde
Deseño son: Nacho Sanz
Deseño iluminación: Chiqui Pereira
Vestiario: Mercedes Torres "Isi"
Música: Nacho Sanz
Elenco artístico: Paula Carballeira