Canta o Cuco - Magín Blanco e Uxía

DATOS BÁSICOS

Canta o cuco - musical infantil a partir de 5 anos.

O poeta-labrego da Terra Chá desde a ollada de dous experimentados creadores vinculados á música infantil.

Unha visión contemporánea dos versos de Manuel María para as nenas e os nenos do século XXI, con moitas posibilidades de acompañar o traballo con unidades didácticas onde a transversalidade incide directamente en varias materias: música, literatura, lingua, historia, coñecemento do medio, debuxo, etc.

Unha globalidade de ritmos e estilos musicais para vestir os versos de Manuel María que abrangue desde a música tradicional propia ata os universos próximos do pop e o rock pasando polos aromas da canción de autor ou os aires latinoamericanos do tango e o son cubano.

Os poemas escollidos son unha escolma dos seus libros de poemas para nen@s As rúas do vento ceibe e Os soños na gaiola así como tamén de Terra Chá e Os lonxes do solpor. A isto hai que engadir, ademais, unha creación propia de Magín e Uxía: ‘Todo me fala de ti’, canción na que dialogan co universo do poeta e a súa rica e complexa personalidade. Nos poemas recitados procúrase dar unha visión máis xeral dos temas que el vivía con paixón: o espazo vital, a terra, a lingua e a identidade.

O título: “CANTA O CUCO. Magín e Uxía cantan a Manuel María” fai alusión ao canto do paxaro como símbolo de confi anza no futuro, vínculo de compromiso e espertar a enerxía da natureza e a terra: “O ciclo da natureza que se reencontra consigo mesma, a música das esferas”. Como contrapunto, aparecen os poemas de As rúas do vento ceibe que nos achega ao mundo urbano resaltando os seus valores mais sen deixar de cuestionar as súas eivas.
O espectáculo

O espectáculo consistirá na interpretación das cancións a cargo das mesmas persoas que participaron na composición e na gravación, Uxía & Magín, Santi Cribeiro e Guillerme Fernández. 

A proposta sosténse nun formato musico-teatral dirixida por Inacio Vilariño, director da compañía de teatro Fantoches Baj. 

Trátase dun espectáculo multidisciplinar onde se mesturan diferentes técnicas escénicas, manipulación de obxectos, títeres, música e traballo actoral. Todo esto conxugado co deseño e ilustracións do prestixioso pintor de Narón, Leandro Lamas que nesta ocasión achéganos ao imaxinario de Manuel María.

Xénero: 
  • Infantil
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
50 MIN
Prezos: 
Público Xeral 9,50€ / 6.65€ Abonados, Desempregados ou Carne Xove ou de Estudante(ata 25 anos) / 5,50€ menores de 14 anos
Información da billeteira: 

Prezos:

Abonados: 6,65€

Público Xeral: 9,50€

Tarifa reducida: 6,65€ (desempregados, Carné Xove ou de estudiante (ata 25 anos)

Menores de 14 anos: 5,50€

 

Espectáculo en período de reserva de abonados, venda ao público xeral a partir do mércores 22 de marzo.

*A venda de entradas para espectáculos infantís farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.

+info 981 102 897

Funcións: 
Domingo, 7 de Maio de 2017 18:00
Canta o cuco.jpg