TEATRO
Un eminente psiquiatra desaparece da súa consulta. A última persona que o ve é Miguel, un paciente obsesionado cos elefantes. A pesar das advertencias da enfermeira xefe, o doutor Villaverde está decidido a atopar unha verdade que tan só Miguel parece coñecer.
"A Canción do Elefante" é un apaixonante thriller psicolóxico que manterá pegado na butaca ao espectador ata o seu desenlace.
*Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do Venres 28 de xullo.
**A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura de Narón.
+info 981 102 897
ELENCO
Dr. Villaverde - Ernesto Chao
Miguel - Guillermo Carbajo
Sra. Pedreira - Patricia Vázquez
Dirección - Alex Sampayo
Autor - Nicolás Billon
Espazo escénico e vestiario - Diego Valeiras
Iluminación - Carlos Álvarez - Ossorio
Produción e Distribución - Redrum Teatro