CANCÚN

DATOS BÁSICOS

Sábado 23 de maio ás 20:00 h.

CANCÚN conta a historia de dous matrimonios amigos dende hai máis de 20 anos que se van xuntos de vacacións. Unha noite despois dunhas copas de máis, Reme desvela o incidente que provocou a elección das parellas. A partir deste momento comezan a aflorar unha serie de segredos. Cando chegas aos 50, cunha vida organizada e despois de compartir 20 ou 30 anos coa mesma persoa, formúlaste que tería acontecido se tiveses elixido outra parella.
Cambiarías o teu marido polo da túa mellor amiga?
Se puideses cambiar, Que cambiarías?
O marido? A muller? A amiga?
Se a túa vida non che gusta... Dálle vacacións e ven a Cancún! !

 

Cancún é unha COMEDIA CULTA Y POPULAR, que combina REFLEXIÓN e RISA, que arranca EMOCIÓNS e GARGALLADAS, ENCHE TEATROS e ten un profundo respecto á ALEGRÍA.
Cando chegas a certa idade, esa idade na que xa é moi difícil volver empezar, é posible que nalgún momento, por algún motivo, te preguntes se o conseguiches, se tomaches as decisións correctas, se tes o traballo que desexabas, os amigos que querías, a parella que soñabas. É posible que te preguntes, en definitiva, se conseguiches ser feliz.
Os personaxes desta comedia vanse a Cancún de vacacións. Descansarán, tomarán o sol, coñecerán lugares novos e, ao volver, poderán contalo aos amigos para que lles teñan envexa. Pero, inesperadamente, formúlaselles alí a gran pregunta.
Iso faraos máis felices? É iso o que eles esperaban das súas vidas, pasar dez días en Cancún con eses individuos, con esa parella?
Na xuventude tomamos decisións de forma bastante irreflexiva. Non hai outro xeito de facelo. Coñecemos xente, relacionámonos e, un bo día, sentimos que nos namoramos, aínda que non saibamos que significa iso exactamente.
Entón, instalados xa nunha nora que non se detén, seguimos cara a adiante, casamos, convivimos, traballamos, temos fillos e, como quen non quere a cousa, decatámonos de que levamos vinte ou trinta anos compartindo a nosa vida con alguén.
Que tería sucedido se en lugar de casarnos con este -ou con esta- tivésemos casado con aquel -ou con aquela? Como tería cambiado a nosa vida? Seriamos máis felices? Serve de algo preguntárnolo?

 

Xénero: 
  • Teatro
  • Comedia
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 hora e 35 minutos
Prezos: 
18 € Público xeral / 12,60 € Abonados - Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos) - Desempregados
Información da billeteira: 

Sábado, 23 de maio ás 20:00 h.

  • Público: Adultos
  • +Info: 981 102 897
Funcións: 
Sábado, 23 de Maio de 2015 00:00
cancun_cartel.jpg