A CABEZA DO DRAGÓN

DATOS BÁSICOS

FARSA FANTASIOSA

"A Cabeza do Dragón” foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha coleción de farsas que, titulou, irónicamente, “Retábulo de marionetas para educación de príncipes”.

A historia conta, mais unha vez, a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, e tamen na nosa, a cultura europea. Un príncipe, Verdemar, foxe do reino materno por ter desobedecido o rei, seu pai. No seu camiñar, cheo de experiencias, vai dar ao reino de Micomicón, que está a tremer baixo o alento fétido do Dragón. Como é costume, débenlle entregar a princesa Brancaflor
ao monstruo se queren salvar as vidas e as facendas do reino.

Mascarado para ocultar a súa identidade, Verdemar mata o Dragón coa espada máxica e desaparece. Un capitán de bandidos, Espandián, topa a cabeza do monstro, e con ela vai reclamar o premio: a man da princesa e a coroa do reino. Ela rexeita o impostor, e aqui é onde traballa o Duende, que leva toda a historia a cuidar do príncipe en pago dunha antiga débeda: a libertade.

Esta fabula, que é do dominio público, está brillantemente manipulado polo autor. Valle-Inclán introduce elementos actuais, crítica social, brincadeiras políticas, anacronismos argumentais, comentarios alleos á tradición do conto marabilloso... A función liberadora do riso, a corrupción política, a violencia machista, a anacrónica institución da monarquía, o medo á liberdade ou a banalización do amor romántico son temas da obra que continúan de actualidade. Valle-Inclán, coas oportunas manipulacións, leva a fábula ao grotesco contemporáneo que él creou: o esperpento.

Entre a magnética influencia do Xapón e a potente tradición da farsa europea, chea de máscaras e de acrobáticos combates, móvese esta primeira versión galega de “A Cabeza do Dragón” no 80 aniversario da morte de Valle-Inclán.

PT Excéntricas conseguiou a colaboración de Baltasar Patiño, unha referencia no teatro español, para o espazo escénico e a iluminación. A indumentaria e o deseño gráfico será un traballo da imaxinación e da man de Suso Montero. A música será unha partitura composta ex-profeso por Javier María López para a noso espectáculo. A gravación desta BSO será dirixida polo maestro Diego García
Rodríguez, comandando o T.A.C (Taller Atlántico Contemporáneo) formado por prestixiosos músicos, moitos deles profesores da Real Filharmonia de Galicia.

O espectáculo contará cunha coreografia específica de loitas e combates de Iván Marcos. A versión galega e a dirección serán, mais unha vez, responsabilidade de Quico Cadaval que contará cun alargado elenco de oito actores e actrices encabezado por Iván Marcos, Patricia Vázquez, Víctor Mosqueira, María Costas, Josito Porto, Yelena Molina, Marcos Orsi e Quico Cadaval que tamén estará presente en escea.

Xénero: 
  • Teatro
  • Contemporáneo
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1H 35MIN
Prezos: 
Público Xeral 9,50€ / 6.65€ Abonados, Desempregados ou Carne Xove ou de Estudante(ata 25 anos)
Información da billeteira: 

Prezos:
ABONADOS: 6,65 € 
PÚBLICO XERAL: 9,50 € 

 

Espectáculo en período de reserva de abonados, venda ao público xeral a partir do mércores 22 de marzo.

*A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.

+info 981 102 897
 

Funcións: 
Sábado, 27 de Maio de 2017 20:00
a cabeza do dragon.jpg