Sábado 16 de maio ás 20:00 h.
Un dúo cómico procedente dos límites da delincuencia, Mofa&Befa, foron detidos o ano pasado en Almagro tras inflinxir dolorosas feridas ao inmortal Shakespeare.
Postos en liberdade por un erro xudicial, saen da cárcere onde os recluíra a crítica e regresan a Almagro para saciar a súa sede de vinganza. ¿Quen é a víctima?
O inocente teatro clásico español. Tras Almagro, a vinganza exténdese por todos os escenarios da península.
Aproveitando o seu acento, fanse pasar por criados galegos e desgástanse cínicamente en xenuflexións e reverencias para gañarse a simpatía do público. Na cárcere adquiriron unha enfermidade de transmisión textual que lles obriga a falar en verso. Tanto lles da a redondilla como o romance, aínda que non lles fan ascos ao agridoce sabor da silva.
¿Cales son as súas armas? Dous fouces de segador que cortan por igual os trigos e os tópicos.
Poden transformarse, para lograr os seus fins, en anxos ou demos, cabaleiros ou bufóns, bobas ou galegas.
Quico Cadaval
Documento confidencial.
Mofa&Befa é un comando de comedia contemporánea que comprobou as súas armas nos máis hostiles campos de batalla como bares, universidades, festivais vascos e/ou de teatro clásico, resultando sempre con simples rabuñaduras ou feridas leves.
BOBAS&GALEGAS é un percorrido gozoso polos argumentos, ocupacións, preocupacións e industrias dos criados do século de Ouro, clase social que, de todos os traballadores manuais, foi a que contemplou dende máis cerca o poder, o seu ouropel, a súa erótica e a súa vanidade.
MOFA&BEFA cáense con todo o seu instrumental de paiasos nocturnos nun camiño solitario do século XVII castelán. Servindo a un tópico equivalente ao da aptitude natural dos negros para a danza, o galego demostra un talento natural para a obediencia e o servizo. Isto , que o faría idóneo para a práctica das armas, está benéficamente atenuado pola covardía, virtude que o empuxa ao máis incruento campo do servilismo e a curvatura lumbar.
Cando Mofa&Befa chegan aos áureos pazos de Madrid e Sevilla, fuxindo das guerras e da fame climática da súa terra, só valorados pola súa discreción, o seu descoñecemento do idioma, que ás veces pode parecer idiotez, polo seu cumplimento irreflexivo e amoral das tarefas encomendadas e unha voluntade de servir que non sempre resulta utilitaria.