BERNARDA

DATOS BÁSICOS

BERNARDA - ESTREA

“BERNARDA” recolle o punto de partida de “La casa de Bernarda Alba”, escrita por Lorca en 1936, é dicir, unha muller que queda viúva con fillas mozas e decreta un rigoroso loito, pero traslada a acción a unha vila de Galicia case corenta anos máis tarde, en 1975, nun momento clave da nosa historia recente, no que as ansias de cambios chocan coas tradicións máis arraigadas, como é neste caso, o loito.

Bernarda, ó quedar viúva, tenta que todo siga sendo igual que sempre, como foi toda a súa vida, e que as malas influenzas dunha sociedade en proceso de transformación non cheguen ás súas fillas nin a ela mesma. Bernarda non entende a música yeyé, as minisaias, os guateques, nin ningunha das novas modas da xuventude da época, e a súa reacción é clara: “Mentres eu viva, nesta casa non vai cambiar nada e as cousas vanse facer como se teñen que facer.”

“BERNARDA” é unha historia comprensible e universal, coa que calquera pode sentirse identificado, pois quen máis quen menos viviu ou vive na súa casa un choque xeracional, onde os valores e os costumes dos máis vellos tópanse de fronte contra a necesidade dos máis novos de crear un mundo distinto cos seus propios códigos e condutas.

Xénero: 
  • Teatro
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1H E 15 MIN
Prezos: 
Público Xeral 9,50€ / 6.65€ Abonados, Desempregados ou Carne Xove ou de Estudante(ata 25 anos)
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO EN PERÍODO DE VENTA DE ABONADOS ATA O 4 DE XANEIRO DE 2019

A VENDA DE ENTRADAS A TARIFA REDUCIDA FARASE UNICAMENTE A TRAVÉS DO DESPACHO DE BILLETES DO PAZO DA CULTURA , PRESENTANDO A DOCUMENTACIÓN CORRESPONDENTE.

Funcións: 
Sábado, 2 de Febreiro de 2019 20:00
BERNARDA.jpg