AUTORRETRATO DE UN JOVEN CAPITALISTA ESPAÑOL

DATOS BÁSICOS

AUTORRETRATO DE UN JOVEN CAPITALISTA ESPAÑOL FESTIVAL SINGULAR 2021

Son capitalista. Teño conta nun banco que especula con alimentos. Teño un seguro médico privado. Teño a luz contratada cunha empresa que rouba aos seus clientes porque o seu obxectivo é o máximo beneficio. Cando traballo cobro o soldo máis alto que poida conseguir, sen preocuparme de cal é o soldo e o resto das condicións laborais dos meus compañeiros.

Podo axudar economicamente a un amigo, pero nunca á conta de rebaixar o meu nivel de vida. Quero preservar a miña fama, a miña cotización comercial, as miñas propiedades. A sociedade na que vivo é inxusta ata a crueldade. Gustaríame que cambiase, pero non estou disposto a perder no intento aquilo que logrei acumular.

Estou a falar moi en serio.

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA
Prezos: 
Público xeral 9.50€ / Tarifa reducida 6.65€
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO EN PERIODO DE VENDA DE ABONADOS ATÉ O 28 DE DECEMBRO INCLUSIVE

VENTA AO PÚBLICO XERAL A PARTIRES DO 29 DE DECEMBRO DE 2020

+ INFO 981 102 897

Funcións: 
Sábado, 20 de Marzo de 2021 20:00