AUTORRETRATO DE UN JOVEN CAPITALISTA ESPAÑOL

DATOS BÁSICOS

(FESTIVAL SINGULAR)

Son capitalista. Teño conta nun banco que especula con alimentos. Teño un seguro médico privado. Teño a luz contratada cunha empresa que rouba aos seus clientes porque o seu obxectivo é o máximo beneficio. Cando traballo cobro o soldo máis alto que poida conseguir, sen preocuparme de cal é o soldo e o resto das condicións laborais dos meus compañeiros.

Podo axudar economicamente a un amigo, pero nunca á conta de rebaixar o meu nivel de vida. Quero preservar a miña fama, a miña cotización comercial, as miñas propiedades. A sociedade na que vivo é inxusta ata a crueldade. Gustaríame que cambiase, pero non estou disposto a perder no intento aquilo que logrei acumular.

Estou a falar moi en serio.

 

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA
Prezos: 
Público xeral 9.50€ / Tarifa reducida 6.65€
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO EN PERIODO DE VENTA DE ABONADOS ATA O 27 DE DECEMBRO DE 2019.

VENTA AO PÚBLICO EN XERAL A PARTIR DO 28 DE DECEMBRO DE 2019.

*A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través das billeteiras do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación.

**Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao publico xeral a partir do 28 de decembro.

+info 981 102 897

Funcións: 
Sábado, 21 de Marzo de 2020 20:00