ASTRONAUTA SIDERAL

DATOS BÁSICOS

UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

Xa somos familia numerosa!!!

Non nos chegaba o momento de presentar o pequerrecho da casa! Un pouco soñador…pero coas mesmas ganas de cantar e bailar con todos vós.

…só agardamos que vós teñades esas mesmas ganas e que nos acompañedes nesta nova viaxe polo espazo chamada “Astrounauta Sideral”

“Uxía Lambona e a Banda Molona recolle os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular, desde A Carolina “rapeada”;ata O Jato “rockeiro”

…e por outros moitos temas tradicionais e algún que outro tema propio, pasando polo ska, o reggae, o klezmer, a cumbia, o tango.

Todos eles moi dinámicos, facendo que todos os nen@s presentes sexan partícipes deste “des-concerto”, cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa!!”

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1HORA 30MIN
Prezos: 
Público xeral 9.50€ / Tarifa reducida 6.65€ / Tarifa Nen@s 5.50€
Información da billeteira: 

*PREZOS:

-Tarifa público xeral: 9.50€

-Tarifa reducida: 6.65€, para desempregad@s, con Carné Xove ou de estudante, menores de 14 anos.

-Tarifa nen@s: 5.50€

*A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación.

+info 981 102 897

Funcións: 
Domingo, 27 de Decembro de 2020 18:00