Comedia cinematográfica posromántica na que tres mulleres en paro deciden facer unha película de amor e rematan facendo catro: As pontes de Madison, Notting Hill, Titanic e Amor en 3D. Se non viron vostedes as tres primeiras ou lles gustaría volver a velas en versión mellorada, esta é a ocasión perfecta. Se din vostedes que viron a cuarta, é que están mentindo descaradamente, xa que esta é a súa estrea mundial e é imposible pirateala. Catro historias de amor polo prezo de unha. Isto é AMOR EN 3D.
Sábado 31 de Outubro - 20:00 h.
Espectáculo AMOR EN 3D
Autor Jose Prieto
Dirección Jose Prieto
Adaptación Jose Prieto
Escenografía Vía 6
Deseño son Jose Prieto
Deseño iluminación Diego Valeiras
Vestiario Vía 6
Música Rafa Segura
Elenco artístico
Susana Álvarez, Celia González e Daniela Rodas