"Amigos" é unha comedia sobre a amizade e o amor, dous ingredientes que todos queremos para as nosas vidas, pero que como é ben sabido, se se mesturan moitas veces explotan...Nacho, Anxo e María, dous homes, unha muller... e claro, polo menos un par de historias de amor. Eles son tres amigos dos de toda a vida, tres amigos inseparables, ou se cadra non. Un xiro inesperado deixará patas para arriba a vida dos dous protagonistas, que terán que ver doutra maneira a súa amizade.Que farías se a túa parella decidise deixarche? E se se marchase co teu mellor amigo? Perdoaríalos aos dous? A ningún? Só a un dos dous? É mellor mentir á persoa que máis queres para evitar que o pase mal? É mellor sempre a verdade que a mentira? Unha ?verdade a medias? é unha mentira de dúas persoas? Poderías perdoar calquera cousa por amor? E por amizade? Que é máis forte: o amor ou o rancor? Que farías polo teu mellor amigo? E chegado o caso... Que lle farías ao teu mellor amigo?
Elenco:
Xosé A. Touriñán
Ledicia Sola
David Amor