ALICIA

DATOS BÁSICOS

TEATRO FAMILIAR E INFANTIL A PARTIR DE 5 ANOS CASTELÁN

Alicia no país das Marabillas… Un soño, unha viaxe cos ollos pechados a un mundo imaxinario? Un desexo de ver todo doutra maneira? Unha parábola sobre a vida? Un xogo sen regras? Un diálogo entre o absurdo e lóxico?

A Alicia abúrrenlle os libros que non teñen debuxos. “Os libros sen debuxos nin diálogos son os mellores…Convídanche a imaxinar”, recoméndalle a súa irmá. E Alicia imaxina...Un coello que está sempre apurado...Un rato que fai carreiras electorais...Unha oruga que fai preguntas difíciles....Un gato que sempre sorrí...Unha Duquesa que chega tarde...Un sombrerero que vive tomando o té ás cinco da tarde...Unha raíña que lle quere cortar a cabeza a todo o mundo...

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
55 MIN
Prezos: 
Público xeral: 9,50 € Abonados - Desempregados - Carné Xove ou Estudante (ata 25 anos): 6,65 € Menores de 14 anos: 5,50€
Información da billeteira: 

Público xeral: 9,50 €

Abonados - Desempregados - Carné Xove ou Estudante (ata 25 anos): 6,65 €

Menores de 14 anos: 5,50€

Funcións: 
Domingo, 31 de Outubro de 2021 18:00