ALÍ BABA - BOROBIL TEATROA

DATOS BÁSICOS

Mércores, 30 de decembro - 18:00 h.

 

Alí Baba é un leñador pobre de Persia. Un día, mentres recolle leña no bosque, oe un grande estrondo que o asusta moito. Escóndese entre as ramas dunha árbore e ve como 40 ladróns se deteñen ante unha rocha enorme xunto a unha montaña. O xefe dos ladróns exclama “Ábrete, Sésamo!”, e a rocha apártase para deixar aberta a entrada a unha cova. Os 40 ladróns gardan na cova os sacos cargados de ouro, froito dos seus roubos; despois de que marchen, Alí Baba ponse fronte á rocha e repite as palabras do xefe. "Ábreche, sésamo,". Dentro da cova, encóntrase con centos de sacos cheos de moedas de ouro. Pero non se obnubila polo brillo de tanta riqueza. Prudentemente, decide levarse uns poucos sacos, para que os ladróns non se decaten de que alguén coñece o segredo da cova. Unha vez volva á casa, vivirá feliz coa súa muller polo resto dos seus días. Non obstante, o irmán de Alí Baba, Kassim, chega a coñecer o segredo. E, sen dicir nada ao seu irmán, entra na cova e intenta levarse todos os sacos. Pero os 40 ladróns atrápano. Despois, tratarán de encontrar a quen tamén coñece o segredo da cova. Alí Baba, pola súa banda, trata de salvarse das poutas dos ladróns xunto coa súa muller e os seus amigos.
Conseguirao?

Para saber como remata esta aventura haberá que acudir ao teatro!

 

 

Xénero: 
  • Infantil
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
55 minutos
Prezos: 
9,50 € Público Xeral / 6,65 € Abonados - Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos) Desempregados
Información da billeteira: 

Mércores, 30 de decembro

  • Público: Infantil e Familiar
  • Entradas a venta nas billeteiras do Pazo da Cultura
  • + info: 981 102 897
Funcións: 
Mércores, 30 de Decembro de 2015 18:00
Borobil Teatroa