AILÁ

DATOS BÁSICOS

MÚSICA FOLK

AILÁ é unha proposta artística inspirada nas recollidas históricas dos cantos de transmisión oral de Galicia. Unha proposta pensada para bailar e gozar da música galega desde un prisma moderno e contemporáneo que foi seleccionada para representar a Galicia no “Celtic .Connection 2020" e tamén unha das propostas gañadoras do premio “Interritmos 2020".

AILÁ mergúllanos no universo Folk ou TRADI, como prefiren denominalo eles, cuns impecables arranxos desde as recollidas históricas do saber musical popular. Isto unido á peculiar formación composta por catro músicos, danlle un carácter único achegando unha nova sonoridade ao seu repertorio tradicional. Unha nova proposta que vén do Folk para converterse en TRADI.

Duración: 
1 HORA
Prezos: 
Público xeral: 9,50 € Abonados - Desempregados - Carné Xove ou Estudante (ata 25 anos): 6,65 €
Información da billeteira: 

Público xeral: 9,50 €

Abonados - Desempregados - Carné Xove ou Estudante (ata 25 anos): 6,65 €

Funcións: 
Venres, 15 de Outubro de 2021 20:30