FAMILIAR E INFANTIL A PARTIR DE 5 ANOS
O Señor Hoppy, un home algo maior, moi tímido e amante das plantas está profundamente namorado en segredo da súa veciña, a Señora Silver, unha muller que vive acompañada da súa TARTARUGA Alfie. A Señora Silver está preocupada porque Alfie non aumenta de peso e crece moi amodiño...O señor Hoppy verá niso a posibilidade de gañar o seu corazón.AGURATRAT é a adaptación teatral da Cía. Pérez&Fernández do libro "Esio Trot" de Roald Dahl, un dos autores máis lidos da literatura infantil universal ("Charlie e a fábrica de chocolate", "James e o pexego xigante", "Matilda", "As Bruxas", "Mr. Fox", etc.) Nesta historia sobresaen dous importantes aspectos: o amor entre persoas maiores e o amor ós animais. Ambos temas tratados con delicadeza e humor. Unha obra de teatro para público familiar que goste dos xogos de palabras, das tartarugas, dos seus maiores e das ideas orixinais e divertidas.
Prezos:
Tarifa Público Xeral: 9.50€
Tarifa Reducida: 6.65€ (abonad@s, desempregad@s, con Carné Xove ou de Estudante - ata 24 anos)
Tarifa Nen@s: 5.50€ (menores de 14 anos)
*A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación.
+info 981 102 897