ADESHORAS

DATOS BÁSICOS

ADESHORAS - BERROBAMBÁN

Nalgún lugar, lonxe de todo, ao caer a noite, unha muller le un libro que parece conter as historias do mundo enteiro. A música acompáñaa na soidade. Soan badaladas. Anuncian un baile?.

 Un lobo ouvea. Está a porta pechada con chave? Leva tantos anos ás costas, esa muller, que xa non lembra quen é. Precisamente por iso pode xogar a ser quen ela queira. A protagonista do seu conto. A do zapato de cristal, a da caixa de mistos, a da mazá envelenada, a do camiño de migallas de pan, a da casiña de chocolate...Quen chama a deshoras? Terá fame?

 Ás veces, descubrimos nas historias dos outros quen realmente somos. E iso é o que lle acontece á Señora desta peza de teatro xestual, esta pobre clown desmemoriada. Amodo, xogando,

 recupera o fío que a leva a recoñecerse no espello, grazas a quen a visita por sorpresa, a deshoras, rompendo as súas rutinas, facendo que se sinta nena, unha nena perdida que por fin se atopa.

Xénero: 
  • Infantil
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
50MIN
Prezos: 
Público Xeral 9,50€ / 6.65€ Abonados, Desempregados ou Carne Xove ou de Estudante(ata 25 anos); nenos/as 5.50€
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO EN PERÍODO DE VENTA DE ABONADOS ATA O 4 DE XANEIRO DE 2019.

A VENDA DE LOCALIDADES A TARIFA REDUCIDA FARASE UNICAMENTE A TRAVÉS DO DESPACHO DE BILLETES DO PAZO DA CULTURA

Funcións: 
Domingo, 17 de Febreiro de 2019 18:00
adeshoras.jpg