2021: UNHA ODISEA NA TERRA - ESCOLA DE TEATRO DE NARÓN

DATOS BÁSICOS

 

“2021: unha odisea na terra” é unha comedia familiar de aventuras sobre os problemas causados pola contaminación ambiental, que pretende promover boas prácticas persoais e socias para o coñecemento e coidado do entorno natural e potenciar, de maneira transversal, a educación nos valores relacionados co bo uso e disfrute dos espazos urbanos e rurais que difunde o Programa de Educación Viaria do Concello de Narón. O texto orixinal de Jose Prieto foi creado para o elenco e equipo artístico encargado da súa posta en escena, inspirado nas actividades que desenvolve o Grupo de Educación Viaria da Policía Local de Narón e contando co asesoramento do persoal técnico responsable das mesmas.

 

SINOPSE:

No ano 2021, unha súbita contaminación masiva provocada por “Os Outros”, obriga á evacuar a toda a poboación terrestre a Marte.

Na Terra só quedan catro “Escollidos” con unha clara misión: Salvar o planeta.

Durante esta importante misión, os “Escollidos” terán que enfrontarse a moitas situacións arriscadas e atopar resposta a grandes preguntas:

Quen son os “Outros”?

Quen é esa rapaza que atoparon e que sempre acompaña ós “Escollidos”?

Quen é a criatura salvaxe que vive entre o lixo do vertedoiro?

Por que lado se toma unha rotonda?

Estas preguntas e moitas máis quedarán respondidas ó longo desta aventura: “2021. Unha Odisea na Terra”

Xénero: 
  • Infantil
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 hora
Prezos: 
2 €
Información da billeteira: 
  • Público: Infantil e familiar
  • Entradas a venta nas billeteiras do Pazo da Cultura
Funcións: 
Xoves, 25 de Febreiro de 2016 20:30
foto escola teatro.jpg