ÑAM!

DATOS BÁSICOS

COMEDIA INFANTIL A PARTIR DE 1 ANO

Despois da gran acollida de Glub, Glub e Zapatos, Caramuxo Teatro presenta Ñam!, un novo espectáculo de teatro para bebés.

Comer é un pracer, mais antes hai que cociñar e escoller os mellores produtos: porque as mazás poden ser verdes ou vermellas, as galletas grandes ou pequenas, os tomates da casa ou do outro lado do mundo.

A min encántame o doce!

Pois eu prefiro o salgado!

Facer unha receita, e facela ben, non é tan doado como parece. Hai que ter bos ingredientes, mesturalos na orde precisa e con cariño. Dúas persoas ás que lles encanta comer e unha receita.  Como saberán esas novas galletas?

Ñam! é un espectáculo moi visual, envolvente, que mestura disciplinas como o teatro e a danza, en clave de comedia. Unha proposta creada a partir do mundo da cociña para ver, escoitar, ulir, sentir e saborear en familia

Lugar do espectáculo: 
Café Teatro
Duración: 
40MIN
Prezos: 
Público xeral 9.50€ / Tarifa reducida 6.65€ / Tarifa nen@s 5.50€
Información da billeteira: 

Prezos:

*Tarifa abonad@s: 6.65€

*Tarifa público xeral: 9.50€

*Tarifa reducida: 6.65€ (con Carné Xove ou de estudante (ata 24 anos), desempregad@s)

*Tarifa nen@s: 5.50€ (menores de 14 anos)

 

**Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do mércores 21 de agosto.

***A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura de Narón.

+info 981 102 897

 

Funcións: 
Domingo, 24 de Novembro de 2019 18:00
Ñam!.jpg