MÚSICA GÓSPEL
Nova Orleans e os Joyful Gospel Choir son formas distintas de decir o mesmo.
Será por iso que onde queira que van levan consigo a música da súa cidade, o seu ritmo de second line, a súa pulsación funky, o seu son R&B, todo o que define o gospel dos Joyful e de New Orleans, Louisiana.
Empezaron a súa carreira profesional autónoma a mediados dos ´90. O seu primeiro CD, "Take Me, Use Me", gravárono en 1995 co selo emblemático da cidade de Nova Orleans, Rampart Street Music. Selo que tamén produciu o seu último traballo ata o momento, "9th Ward Revival", un acnto cheo de nostalxia dedicado ao mundo de antes do Katrina.
A relación de grandes artistas cos que traballaron os JGS é moi extensa e inclúe a grandes da escena como Yolanda Adams, Thelma Houston, Bryan Adams, Earth Wind & Fire, Kirk Franklin, a diva do blues de Nova Orleans Marva Wright e a banda pop alemá PUR.
The JGC fan xiras europeas de verán e inverno todos os anos e son unha presenza habitual nos escenarios de Alemaña, Italia e España. Actuaron no Monterrey Jazz Festival e son un clásico no festival da súa cidade, o Jazz & Heritage de Nova Orleans, así como unha presenza habitual nunha das especialidades da cidade, as convencións de grandes marcas como Coca Cola, Starbucks, Microsoft, NBA, NCAA e a NFL.