¿QUIÉN ES EL SEÑOR SCHMITT?

DATOS BÁSICOS

TEATRO ACTUAL

O señor e a  señora Carnero cean tranquilamente na súa casa, cando de repente soa o teléfono. Pero os Carnero non teñen teléfono. O misterioso interlocutor insiste en falar cun tal señor Schmitt... E o que é máis estraño aínda, os Carnero descobren que están encerrados nunha casa que non parece a súa casa, os cadros cambiaron, os libros non son os seus libros, a roupa dos seus armarios non lles pertence... O pánico apodérase de todo. O pesadelo non fixo máis que comezar. Son acaso o señor e a señora Carnero, sen sabelo, o señor e a señora Schmitt? Quen está tolo? Quen está en posesión da verdade? El? Ela? Os “outros”?  O espectador? Quen é o señor Schmitt?

Xénero: 
  • Teatro
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1H 25MIN
Prezos: 
Público Xeral 12€ / 8.40€ Abonados, carné Xove ou de estudante (ata 25 anos), Desempregados
Información da billeteira: 

Prezos:

-Tarifa público xeral: 12€

-Tarifa abonad@s: 8.40€

-Tarifa reducida: 8.40€ (Desempregad@s, con Carné Xove ou de estudante (ata 25 anos), menores de 14 anos)

* A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura de Narón.

** Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do sábado, 18 de agosto.

+ info: 981 102 897

ENTRADAS ESGOTADAS

Funcións: 
Sábado, 17 de Novembro de 2018 20:00
Cartel_Quien_es_el_Sr_Schmitt-690x980.jpg