A NENA E O GRILO CAMIÑO DAS CORES

  • Teatro
  • Musical
DATOS BÁSICOS

A NENA E O GRILO CAMIÑO DAS CORES

A Nena e o Grilo camiño das cores é unha montaxe teatral de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos con música en directo. É esta a última e cuarta entrega de A nena e o grilo, o musical infantil máis aclamado do panorama galego que conta con tres espectáculos previos: O País das Apertas, A Nena e o Grilo nun Barquiño e A Nena e o Grilo máis Aló.

O fío condutor desta cuarta entrega son os camiños, as peregrinacións nas que as camiñantes buscan atoparse consigo mesmas, a vida que avanza e non sabemos a onde nos leva.

A Nena xunto co Grilo que a acompaña emprenderá unha viaxe chea de aventuras e sorpresas na que descubrirá que o seu anhelo non é outra cousa que a amizade. Unha nova entrega da saga para público familiar coa que viaxamos ó País das Apertas!

PREZOS

2024-11-17 - 18:00:

  • Abonados: 6,65 €
  • Menores de 14 anos: 5,50 €
  • Público xeral: 9,50 €
  • Desempregados - carné xove ou estudante ( ata 25 anos ): 6,65 €
FICHA ARTÍSTICA

Elenco artístico:

Montse Piñón López

Pedro Pablo Patiño Peña

Jorge Casas Caneiro

Magín Blanco García

Pablo Vidal Mendoza