A LINGUA DAS BOLBORETAS

DATOS BÁSICOS

A LINGUA DAS BOLBORETAS

Eu quería moito a aquel mestre. Confesa Moncho.

Ao principio, os meus pais non podían crelo.

Quero dicir que non podían entender como eu quería ao meu mestre.

Cando era un picariño, a escola era unha ameaza terrible.

Unha palabra que cimbraba no aire coma unha vara de vimbio:

“Xa verás cando vaias á escola!”

  

O espectador será testemuña do proceso de aprendizaxe que emprende o protagonista da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a liberdade que xera o coñecemento da realidade e o respecto cara o próximo) e é testemuña tamén da traxedia que supuxo vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil. A través da entrañable relación que manteñen o mestre, don Gregorio, e o neno, vaise descubrindo paulatinamente ante o espectador a beleza daquelas realidades cotiás que pasan inadvertidas (como o mundo dos insectos), facendo partícipe ao receptor da historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas.

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA 10 MIN
Prezos: 
Público xeral 9.50€ / Tarifa reducida 6.65€
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO EN PERIODO DE VENTA DE ABONADOS ATÉ O 28 DE DECEMBRO DE 2020 INCLUSIVE

VENTA XERAL A PARTIR DO 29 DE DECEMBRO 2020

*Prezos:

-Tarifa público xeral: 9.50€

-Tarifa reducida: 6.65€ - para desempregad@s, con Carné Xove ou de estudante (ata 25 anos), menores de 14 anos

-Tarifa abonad@s: 6.65€  - para abonados / as

 

*A venda de entradas con tarifa reducida farase unicamente a través das billeteiras do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación.

+ INFO 981 102 897

Funcións: 
Sábado, 1 de Maio de 2021 20:00