GLORIA NACIONAL

DATOS BÁSICOS

GLORIA NACIONAL

Uxio Rodas, escultor e pintor duns 60 anos, é considerado polos seus contemporáneos unha auténtica gloria nacional. As súas esculturas están nos mellores museos internacionais e ten sobre as súas costas unha longa e importante carreira de creador honesto e impoñente, con exposición e grandes ventas en todos os países do mundo.

Agora, o atopamos no seu estudio, construído nunha antiga granxa de vacas, apartado da civilización, tentando concentrarse no seu traballo máis importante. Efectivamente, o goberno do seu país, ao través do seu presidente, antigo camarada de Uxio agora convertido en moderado, acaba de encargarlle unha escultura monumental que se colocará na praza principal da capital, remodelada para tal fin. 

Pasa, ás veces, polo estudio de Uxio para facer a limpeza do lugar e deixar algo de comida preparada, Carmiña Facal. Carmiña é unha muller duns 65 anos, que vive e viviu sempre na aldea máis próxima ao estudio e que atende a Uxio desde hai moitos anos.  Coñéceo en todas as súas facetas, cando comezou a ter éxito, cando viña soamente por temporadas e cando, pasados os anos practicamente instalouse de seguido no estudio, sen apenas saír del, nin sequera para asistir ás inauguracións das súas exposicións con máis éxito.

Marivel Álvarez-Prieto, a ministra de cultura, é unha universitaria brillante de trinta e moitos anos, elegante e espelida, filla, a súa vez, dun camarada común ao escultor e ao presidente, que compartiron, os tres, as loitas estudantís das súas, xa fai moitas décadas, batallas políticas na universidade.

 O encontro das tres mentalidades, a de Uxio, na crise existencial de non retorno, a de Marivel, a xuventude executiva da nova realidade, e a de Carmiña, a sabedoría popular xeran, nesta obra, unha comedia de profundo contido social.

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1HORA 30MIN
Prezos: 
Público xeral 9.50€ / Tarifa reducida 6.65€
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO EN PERIODO DE VENTA DE ABONADOS ATÉ O 4 DE MARZO

VENTA PÚBLICO XERAL A PARTIR DO 5 DE MARZO

A VENTA DE LOCALIDADES A TARIFA REDUCIDA FARASE ÚNICAMENTE NO DESPACHO DE BILLETES DO PAZO DA CULTURA

Funcións: 
Sábado, 15 de Maio de 2021 20:00