BASAL

  • Música
DATOS BÁSICOS

BASAL

O amor pola sonoridade e o significado das palabras que caracterizan a obra de Ugía Pedreira sustentan o seu novo traballo, o segundo en solitario despois de Segmento Cantábrico (2021), publicado en xuño do 2024. Unha obra que conecta música, psicoloxía e corpo-casa.

Basal son nove cancións entretecidas pola narrativa visual e cotiá da artista no seu hábitat actual, a súa casa natal na Mariña, na procura do básico e orixinario. Unha viaxe polas diferentes Pedreiras, dende a Ugía mai ata a nena cantautora con guitarra e voz, que subiu por vez primeira a un escenario con 14 anos.

O espectáculo en directo desta formación é unha viaxe continental entre a rave e a foliada, o club de jazz e a discoteca dos 80, a danza tribal e os rituais espirituais. Cuba, Brasil e Galiza abrázanse neste concerto, onde as artistas combinan o ock, o jazz, MPB, e o clásico, levanso todas as cancións da autora a novos lugares.

A súa posta en escena é de alta potencia dinámica, bailable en varios estilos, con doses de improvisación e interacción co público, proceso básico para Pedreira. Tomar cada concerto nunha comunicación transparante, de ti a ti, inclusiva entre artita e espectadores, inclusiva para todas las capacidades.

 

 

PREZOS

2024-10-25 - 20:30:

ENTRADA DE BALDE

    FICHA ARTÍSTICA

    MAURICIO CARUSO: Guitarra

    LORENA CAHITO: Batería, percusións, coros

    ALEJANDRO VARGAS: Piano, sintetizadores

    UGÍA PEDREIRA: Guitarra, percusións, voz