SERVIDOR DE DOUS AMOS

DATOS BÁSICOS

COMEDIA

Talía teatro presenta unha revisión do clásico O servidor de dous amos, un dos textos inmortais da historia do teatro. Convertido no referente por excelencia da Commedia dell’Arte, atoparedes aquí unha reinvención da obra de Goldini que respecta o ritmo, a comedia e o humor da peza orixinal, pero que busca tamén incorpora novas formas de teatralidade. No noso atrevemento non facemos outra cousa que intentar respectar o verdadeiro espírito da Commedia dell’Arte, do teatro renacentista italiano: a procura da innovación polo uso de todas as novidades escénicas posibles, a persecución do “espectáculo total”, unha obra que sexa capaz de deixar abraiado a todo o público presente.

Así como a Commedia dell’Arte creaba unha paisaxe cómica e irreverente da sociedade italiana do momento, esta versión trata de construír un xoguete escénico onde os contratos matrimoniais son substituídos por contratos de construción, onde nobres e mandatarios son remprazados por empresarios e políticos, onde a vida mesma da nosa sociedade é retratada con irreverencia e descaro, buscando un espectáculo trepidante e deslinguado, tan mordaz coma divertido.

Oito intérpretes desenvolverán en escena un espectáculo de gran formato onde todo será posible, onde a mentira e a confusión serán a base do xogo, onde os distintos espazos mudarán á vista do espectador, onde riremos de todo e de todos, ata de nós mesmos.

Xénero: 
  • Teatro
  • Comedia
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1H 15MIN
Prezos: 
Público Xeral 9,50€ / 6.65€ Abonados, Desempregados ou Carne Xove ou de Estudante(ata 25 anos) / Menores de 14 anos
Información da billeteira: 

*Prezos:

Tarifa Público Xeral: 9.50€

Tarifa Reducida: 6.65€

Abonad@s: 6.65€

 

**A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura de Narón.

***Espectáculo en período de reserva de abonad@s. Venda ao público xeral a partir do día 28 de marzo.

+info 981 102 897

Funcións: 
Sábado, 21 de Abril de 2018 20:00
27908406_1405724932864742_7982791500860781777_o.jpg