QUEN DIXO MEDO?

DATOS BÁSICOS

COMEDIA ADULTOS

O medo é libre. Quen ten cu ten medo.

A mil cousas, á escuridade, á morte, a quedarse en branco nun escenario...

Blanco e Digón xogan, literalmente, arriscan, brincan co público, avisan... Parte deste show será improvisado, o propio espectador, libremente, decide a temática a tratar. Tan só unha parte, eh?

Digón e Blanco están curtidos en mil batallas, mil escenarios. Pero o risco está aí, a adrenalina flúe cada noite cando escoitan desde o camarín o besbello da xente acomodándose, ese motor que pon en marcha os cinco sentidos do cómico. E logo está o de internet, pero esa é outra historia. QUEN DIXO MEDO son mil. Ou máis. Mil e unha historias. Podes pedir segunda cunca porque cada show varía. Imposible aburrirse. Non. QUEN DIXO MEDO son monólogos, claro, da man de dous consumados e aplaudidos monologuistas. Un da Arousa e outro dos Ancares. Pero tamén diálogo, xogo, interacción co público, diversión garantida.

9 de cada 10 especialistas recomendan a risa como terapia. E o outro ten ardor de estómago, pobre.

QUEN DIXO MEDO? Eh?

Lugar del espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA E 10 MIN
Precios: 
Público xeral: 12,00 € Abonados - Desempregados - Carné Xove ou Estudante (ata 25 anos): 8,40 €
Información de la billetera: 

Público xeral: 12,00 €

Abonados - Desempregados - Carné Xove ou Estudante (ata 25 anos): 8,40 €

Funciones: 
Sábado, 18 de Septiembre de 2021 20:00