N.E.V.E.R.M.O.R.E.

DATOS BÁSICOS

N.E.V.E.R.M.O.R.E.

Esta obra, unha coprodución de Chévere e o Centro Dramático para abrir a tempada do Teatro María Guerrero, usa a memoria dunha catástrofe ecolóxica (a do Prestige) como detonante para desenvolver unha narrativa escénica sobre o presente.

Empezamos a idear este traballo en marzo de 2020. Cando a chegada dun virus demostrou que todo pode mudar. Que o mundo pode parar. Aí decatámonos do rápido que o esqueceramos. Un ano despois comprobamos o enorme esforzo que se está facendo para que todo volva ser coma antes. E o fácil que é deixarse convencer outra vez. Así que decidimos contar unha historia para non esquecer tan facilmente que as cousas poden ser doutro xeito.

Chamámola N.E.V.E.R.M.O.R.E. N.E.V.E.R.M.O.R.E. é a resposta indescifrable que o corvo do poema de Poe dá unha e outra vez ás preguntas dun home que perdeu o que máis quería. N.E.V.E.R.M.O.R.E. podería ser un S.O.S. emitido á desesperada no código internacional de sinais marítimos. Ou o acrónimo dunha gran corporación que sabe que hai sitios con xente que se poden sacrificar para que todo siga funcionando como ata agora. Ou simplemente un aviso do que estaba por vir.

Para nós N.E.V.E.R.M.O.R.E. é unha forma de acudir á memoria colectiva dun deses pobos que se poden borrar do mapa sen que pase nada. Un pobo que, así e todo, en decembro de 2002 fixo seu o berro do corvo e non se deixou convencer polas mentiras daqueles que aseguraban que non pasaba nada, que todo seguían sendo coma antes. Contar esta historia é tamén un conxuro para desfacer o feitizo que sigue rodeando a catástrofe do Prestige, convertida nunha metáfora estrañamente perfecta desa cultura do petróleo que nos impide ver que hai máis alá da catástrofe, coma se non puidesemos habitar outro lugar que non sexa ese.

Lugar del espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
110 MIN
Precios: 
TARIFA XERAL 12€; REDUCIDA 8.40€
Información de la billetera: 

ESPECTÁCULO EN PERIODO DE VENTA DE ABONADOS ATA O 18 DE FEBREIRO

VENTA LIBRE A PARTIR DO 19 DE FEBREIRO

A TARIFA REDUCIDA FARASE ÚNICAMENTE NO DESPACHO DE BILLETES DO PAZO, ACREDITANDO A CONDICIÓN OPORTUNA (DESEMPREGADOS OU CARNÉ ESTUDANTE ATA 25 ANOS)

Funciones: 
Sábado, 14 de Mayo de 2022 20:00