CRIA FAMA E BÓTATE A CORRER

DATOS BÁSICOS

ALDAOLADO - CRÍA FAMA E BÓTATE A CORRER

Tras o seu paso polo Luar, Aldaolado reflexionan sobre as virtudes e baixezas da fama. E que mellor lugar para facelo que sobre os escenarios e con este novo espectáculo onde as poetas se reinventan a si mesmas, airean as súas vergoñas antes de que o fagan nas revistas de papel cuché e comparten cos asistentes os poemas que as sacarán de pobres e aqueles que merecen os máis escuros agochos. Cría fama e bótate a correr sérvese da unión de poesía, música en directo e humor que caracteriza o dúo, pero nesta ocasión achega novas cancións, poemas inéditos e
inesperadas sorpresas para quen desexe emocionarse e rir nunha velada que é moito máis ca un recital de poesía.

Aldaolado son Lucía Aldao e María Lado, poetas de consolidada carreira, que no 2005 uniron os seus nomes e os seus esforzos para dar lugar a este dúo orientado á poesía escénica, co que conseguiron facer do recital un acto atractivo, próximo e divertido para todo tipo de público, mesmo aquel que nunca leu poesía. A súa espontaneidade e complicidade en directo é a base sobre a que crearon case unha ducia de espectáculos. Con eles actuaron en centos de escenarios do máis variado, tanto en Galiza como máis aló das nosas fronteiras. Tamén lles dou tempo de facer unha boa morea de fans aos que queren render homenaxe nesta nova montaxe.Este espectáculo vai orientado á dinamización social da lingua galega e está orientado a favorecer a vivencia positiva do noso idioma propio, a estima e valorización individual e social deste e o combate aos tópicos e prexuízos que afectan á súa normalización social.

Género: 
  • Outros
Lugar del espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1H E 30 MIN
Precios: 
Público xeral 9.50€, Abonados/desempregados/carnet estudante 6.65€
Información de la billetera: 

Espectácuo con período de venda especial para abonados dende o xoves 15 de novembro ao xoves 22 de novembro.

Dende o venres 23 de novembro entradas á venda para o público xeral.

Funciones: 
Miércoles, 26 de Diciembre de 2018 20:30
foto aldaolado.jpg
Ficheiro adxunto: