Galego
- Español
 
 
 
O Padroado
Novas
Programación
  Pazo Cultura
          Teatro
          Danza
          Musica
  Auditorio
  Café teatro
Escolas Padroado
Actividades para adultos
Actividades para nenos/as
Cómo inscribirse
Actividades
          Entroido
          Maios
          Pena Molexa
          Oenach
          Esfolla
          Samain
          Noite da luz
Escolas de formación
          Actores e actrices
Mostras teatro
Festival Internacional de Folclore
Salas


Oenach, verba de orixe indoeuropea, que ven a significar algo así como "lugar de encontro da comunidade", representa etimoloxicamente o contido deste EVENTO CULTURAL. Baixo un formato de encontro ou reunión nun lugar común, o Oenach Atlántico logo de once anos de traxectoria, tenta seguir sendo fiel a súa vocación inicial baseada en tres eixos:

a) Achegamento do patrimonio cultural galego á cidadanía dende enfoques didácticos carentes de eruditismos, pero nutríndose nas fontes da investigación.

b) Traballo coa poboación, o través dun proceso de participación da propia cidadanía na recreación.

c) Estruturación dun evento integrador de diversos ámbitos ou áreas do patrimonio cultural: recreación teatral popular, artesanía, etnografía musical tradicional e novas tendencias, mostras de gandería autóctona - xornada gastronómica produtos autóctonos- (economía rural), deporte rural e xogos tradicionais, mostras museísticas e recreacións sobre cultura castrexa.

Por tanto o Oenach Atlántico, que se realiza na antiga Feira do Trece, conta cunha asistencia media mantida o longo dos últimos once anos por riba dos quince mil asistentes, e na que participan arredor de cen persoas da parroquia na que se ubica (Sedes), estase a converter nun referente etnográfico e cultural da provincia de A Coruña.

   Padroado de Cultura de Narón
   Rúa Holanda s/n, 15570 / 981391144