Padroado da Cultura de Narón - Pazo da Cultura - Teatro, monologos, musicais
Galego
- Español
 
 
 
O Padroado
Novas
Programación
  Pazo Cultura
          Teatro
          Danza
          Musica
  Auditorio
  Café teatro
Escolas Padroado
Actividades para adultos
Actividades para nenos/as
Cómo inscribirse
Actividades
          Entroido
          Maios
          Pena Molexa
          Oenac
          Esfolla
          Samain
Escolas de formación
          Actores e actrices
Mostras teatro
Festival Internacional de Folclore
Salas

 

Narón, 11 de Xuño de 2010.- O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, presentou hoxe en rolda de prensa a 13ª edición da recreación das Lendas da Pena Molexa, que se celebra no castro de Vilasuso (O Val). Neste lugar gárdanse na memoria viva dos veciños unha serie de lendas de orixe indoeuropeo, que trasmítense por vía oral e que narran a historia dunha Pena ou rocha que se converte en fada ou doncella –segundo as distintas versións da lenda- na noite solsticial do verán, e a das Penas que se convirten en guerreiras/os co seu señor do Castro de Vilasuso, na mesma noite.

 

Todas elas serán representadas polos veciños desta parroquia na noite do día 19 de xuño, na que se espera a participación aproximada de 1.500 persoas. O programa das Lendas da Pena Molexa ten como obxectivo conquerir a participación veciñal neste evento, a través da súa organización e deseño. Así, a Asociación de Veciños “Os Irmandiños” do Val, a Asociación de Mulleres Zarabanda e a Cooperativa do Val traballaron xunto co Padroado de Cultura para desenvolver o seguinte programa de actos na tarde-noite do día 19 de xuño:

 

-18:00 horas.- Xogos populares e deporte rural.

-20:00 horas.- Churrascada popular (haberá que pagar un prezo simbólico).

-22:00 horas.- Concerto de música popular a cargo do grupo “A Roda”.

-00:00 horas.- Lenda da Fada da Pena Molexa.

-00:30 horas.- Lumeirada e repichoca popular.

 

O programa das Lendas da Pena Molexa está promovido polo Padroado de Cultura do Concello de Narón, que colabora cunha achega de 18.000 euros. O Concelleiro de Cultura destacou a participación das entidades veciñais neste evento, e convidou a tódala cidadanía a achegarse ata a parroquia valexa para disfrutar desta noite máxica. Pola súa vanda, a secretaria da asociación de mulleres Zarabanda, Lucía García, e o presidente da AVV do Val, Marcelino Montero, agradeceron ó Concello a súa colaboración, e tamén ós propietarios dos terreos onde se levan a cabo as representacións das lendas, que os ceden desinteresadamente para celebrar os actos.

   Padroado de Cultura de Narón
   Rúa Holanda s/n, 15570 / 981391144