Padroado da Cultura de Narón - Pazo da Cultura - Teatro, monologos, musicais
Galego
- Español
 
 
 
O Padroado
Novas
Programación
  Pazo Cultura
          Teatro
          Danza
          Musica
  Auditorio
  Café teatro
Escolas Padroado
Actividades para adultos
Actividades para nenos/as
Cómo inscribirse
Actividades
          Entroido
          Maios
          Pena Molexa
          Oenac
          Esfolla
          Samain
Escolas de formación
          Actores e actrices
Mostras teatro
Festival Internacional de Folclore
Salas

O esforzo do Concello de Narón por facilitar a veciños e veciñas o acceso, nas mellores condicións posibles, á cultura levou a esta institución, xa nos primeiros anos da etapa democrática, á creación do Padroado da Cultura, un organismo autónomo do Concello que conta coa participación na súa xestión de veciños e veciñas, representantes de entidades culturais e sociais. O labor do Padroado é de estudo, investigación e, finalmente, de divulgación cultural; en definitiva, de fomento da creatividade e de difusión da creación en materias diversas: a música, a danza, o teatro, a pintura e ou o audiovisual. A defensa e promoción da cultura galega, neste momento en perigo, é outro dos obxectivos do Padroado. As instalacións culturais do Concello de Narón son lugar habitual de encontro das moitas persoas que cada día traballan, desde as súas distintas responsabilidades, para facer posible non só a educación artística de mozos e mozas, nenos e adultos, senón tamén a convivencia diaria, a formación nos valores do esforzo e na constancia, e a práctica na toma de decisións, cuestións todas que forman parte da vida diaria de cada un de nós. Narón contribúe con este esforzo á construción dunha Galicia que respecta o seu pasado pero defende o seu futuro. José Manuel Blanco Suárez Alcalde de Narón

   Padroado de Cultura de Narón
   Rúa Holanda s/n, 15570 / 981391144