Ademais da programación estable que se leva a cabo no Auditorio Municipal tódalas fins de semana durante o mes de novembro e en horario escolar, o Padroado da Cultura vén realizando dende hai 13 anos unha Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil na que participan tódolos alumnos e alumnas dos colexios que hai en Narón, sendo un total de 4.500 rapaces e rapazas de Narón e 2.000 doutros colexios da comarca, os que asisten a estas representacións. Tódolos grupos de Teatro que participan nesta Mostra de Teatro son compañías de Teatro Profesional que veñen tanto de Galicia coma de fóra da nosa comunidade
Descargar programación 2009
|