Os Maios son unha das nosas manifestacións culturais máis senlleiras que manteñen unha fonda relacción coa terra, na que se celebra a chegada da primavera.
Son Os Maios en Narón, un evento de base antropolóxico-cultural galego, de carácter comunitario - que globaliza e artella ás entidades asociativas e cidadáns en xeral, incentivando a participación activa, solidaria e cooperativa.
Dende o seu inicio o Padroado de Cultura do concello de Narón mantivo a súa presenza nesta actividade dun xeito activo, e ó igual que con todos os eventos de carácter sociocultural, traballou e traballa na súa difusión, promoción e dinamización. |