- Español
 
 
 
O Padroado
Novas
Programación
  Pazo Cultura
          Teatro
          Danza
          Musica
  Auditorio
  Café teatro
Escolas Padroado
Actividades para adultos
Actividades para nenos/as
Cómo inscribirse
Actividades
          Entroido
          Maios
          Pena Molexa
          Oenach
          Esfolla
          Samain
          Noite da luz
Escolas de formación
          Actores e actrices
Mostras teatro
Festival Internacional de Folclore
Salas

O Padroado, no seu labor marcado estatutariamente de traballar pola cultura, ten en funcionamento Escolas de: Danza Tradicional (Infantil e Adultos), Gaita (Infantil e Adultos), Percusión Tradicional Galega (Infantil e Adultos), Pandeireta e Cantareiras (Infantil e Adultos), Teatro (Infantil e Adultos) e tamén Escola de Formación de Actores e Actrices (Adultos), Debuxo (Infantil), Construción de Instrumentos de Percusión Tradicional Galega (Adultos), Zanfona (Infantil e Adultos), Baile de Salón, etc.

En cada curso rexistramos unha media de 1.000 alumnos que asisten a estas actividades, de aí que unha boa parte destas escolas teñan que ser descentralizadas, sendo impartidas as clases en diferentes locais sociais e en colexios públicos, debido á falta de espazo no Auditorio Municipal.

Estas escolas funcionan regularmente coincidindo co curso escolar, de outubro a xuño e dentro delas, cos alumnos e alumnas máis avantaxados, todos de idades  que non superan os vinte anos, fórmanse grupos centrais, estando actualmente en funcionamento o de Danza, o de Teatro e o de Gaita.

 

   Padroado de Cultura de Narón
   Rúa Holanda s/n, 15570 / 981391144