- Español
 
 
 
O Padroado
Novas
Programación
  Pazo Cultura
          Teatro
          Danza
          Musica
  Auditorio
  Café teatro
Escolas Padroado
Actividades para adultos
Actividades para nenos/as
Cómo inscribirse
Actividades
          Entroido
          Maios
          Pena Molexa
          Oenach
          Esfolla
          Samain
          Noite da luz
Escolas de formación
          Actores e actrices
Mostras teatro
Festival Internacional de Folclore
Salas

ENTROIDO 2011

           

            1.- Realizaráse un desfile dende a Praza da Constitución (Santa Icía) ata a Praza de Galicia  e, de seguido, un festival de comparsas na mesma.

            2.- Os días de inscripción serán  do 7 de Febreiro ó 25 de Febreiro, en horario de 09:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 h., no Pazo da Cultura, tendo que presentar 6 copias das letras a interpretar e os datos persoais do representante da comparsa.

            3.- Poderán inscribirse un máximo de 7 comparsas de Narón e 3 de fóra deste Concello. A selección das comparsas participantes farase por estricta orde de inscripción. No caso de non cubrirse o cupo de comparsas de Narón, poderá cubrirse con comparsas de fóra, e viceversa.

            4.- O Padroado resérvase a posibilidade de convidar algunha outra comparsa, tanto de Narón como de fóra, compromenténdose ésta a participar únicamente nos actos do Día do Entroido en Narón.       

            5.- Tódalas comparsas participantes no festival farán o percorrido dende a Praza da Constitución ata a Praza de Galicia, a pé, o sábado día 5 de marzo, sendo a saída conxunta ás 17:30 horas.

            6.- As letras a interpretar polas comparsas falarán, obrigatoriamente, de temas locais do Concello de Narón, sendo o idioma a empregar: o galego.

            7.- Cada comparsa estará formada por un mínimo de 15 membros que deberán ser, na súa maioría,  persoas de máis de 14 anos.


        8.- Cada comparsa disporá dun tempo máximo de 10 minutos para actuar nos que, co bo humor, fará crítica de todo o que nos trouxo o ano 2010.

            9.- Tódalas comparsas participantes no festival e que sexan de Narón (enténdese por comparsas de Narón, aquelas en que, como mínimo, o 75% dos seus compoñentes residan en Narón. Dato éste que poderá ser comprobado pola organización), terán a obriga de facer unha actuación na súa parroquia e outra en calquera outra parroquia do Concello, con percorrido se é posible.

            10.- O Padroado da Cultura asignará unha axuda económica a tódalas comparsas  participantes, coa seguinte contía:
                        Comparsas de fóra de Narón .......................................  450 €
                        Comparsas convidadas ...............................................   450 €
                        Comparsas de Narón ...................................................   900 €

            11.- Establécense  os seguintes premios: 1º, 2º e 3º  Premio. Éstes consistirán nunha figura, recordo do Día do Entroido.

            12.- Para o outorgamento dos premios, por parte do xurado designado polo Padroado, terase en conta:
                        a) A orixinalidade dos disfraces.
                        b) O inxenio da crítica feita na actuación.
                        c) A calidade musical.
                        d) O que cada actuación supoña de recuperación do Entroido en Galicia.
            13.- A participación das comparsas no festival supón a aceptación das presentes normas.

Descargar ficha de inscripción

 

   Padroado de Cultura de Narón
   Rúa Holanda s/n, 15570 / 981391144