- Español
 
 
 
O Padroado
Novas
Programación
  Pazo Cultura
          Teatro
          Danza
          Musica
  Auditorio
  Café teatro
Escolas Padroado
Actividades para adultos
Actividades para nenos/as
Cómo inscribirse
Actividades
          Entroido
          Maios
          Pena Molexa
          Oenach
          Esfolla
          Samain
          Noite da luz
Escolas de formación
          Actores e actrices
Mostras teatro
Festival Internacional de Folclore
Salas

Neste apartado xeral as actividades do Padroado da Cultura son moitas e variadas,  procurándoselle-la maior publicidade a todas elas mediante notas e anuncios en prensa e radio, carteis,  etc. Así mesmo, hai tamén unha grande preocupación porque éstas cheguen a tódalas parroquias do Concello, sempre e cando a infraestrucutra que requiran as mesmas o permita.

Dentro delas podemos cita-los ciclos de cine que percorren tódalas parroquias que así o solicitan, actuacións teatrais (dun xeito continuado durante 8 meses ó ano: de setembro a maio), concertos de música góspel, clásica, popular, etc.; encontros de bandas de gaitas, exposicións pictóricas, conferencias, actuacións de grupos folclóricos e outros grupos musicais, contando ademais cun Festival Internacional de Folclore que se celebra no mes de xullo.

No eido do Teatro podemos dicir que Narón é un referente en toda Galicia para as Compañías de Teatro Profesional Galegas, xa que moitas das máis importantes realizaron as estreas dos seus espectáculos, para toda Galicia, en Narón (Centro Dramático Galego, Teatro do Aquí, Teatro do Atlántico, Ollomoltranvía, Teatro do Morcego, Teatro do Adro, etc.)

Como exemplo da actividade teatral que se leva a cabo no Auditorio Municipal de Narón, comentar que durante o período de xaneiro a decembro de 2008 foron 16.465 persoas as que asistiron como público a diferentes actuacións que se desenvolveron dentro desta actividade.

Ademáis disto, durante o mes de novembro e en horario escolar, o Padroado da Cultura ven realizando dende hai 13 anos unha Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil na que participan tódolos alumnos e alumnas dos colexios que hai en Narón e tamén doutros colexios da comarca que así o soliciten.

Por outra banda, hai que citar tamén a celebración de festas populares como o Entroido, Maios, a Lenda da Pena Molexa, Oenach Atlántico, Samaín, A Esfolla, etc. en colaboración coas entidades asociativas.

Por último, citar ós Grupos das Escolas Artísticas de Música, Teatro, Danza e Gaita, que tamén realizan actuacións dentro e fóra de Narón.

 

   Padroado de Cultura de Narón
   Rúa Holanda s/n, 15570 / 981391144